A xente

San Pedro de Moreiras conta cunha poboación moi ampla, unhas 628 persoas censadas pero en realidade son unhas 800 as que habitan no pobo, xa que moitas por motivos escolares están censadas en Ourense e Barbadás. Estes números están crecendo cada vez máis porque son moitas as persoas que se achegan a este fermoso pobo e deciden quedarse debido a amabilidade e acollemento da xente. Estanse a construir varias urbanizacións de vivendas unifamiliares e a rehabilitación de vivendas vellas que traerán consigo o aumento da poboación. Outro factor a favor é a proximidade con Ourense xa que en coche só se tarda 11 minutos.


Exemplo de vivendas de recente construción.


Algo que tamén ten que ver coa xente do pobo é a Asociación de Mulleres Rurais Alumear, que contribúe de xeito positivo na xuntanza das mulleres organizando actividades sociais, lúdicas e culturais, algo necesario nos pobos do rural para que as persoas maiores non se sintan soas e poidan ocupar as largas horas do inverno con actividades.