Cultura

Festas
Neste pobo celébrase a festividade de San Blas e San Pedro, ainda que esporádicamente tamén se celebra o entroido, O Carme, o San Xoán ou o San Roque.


O día de San Blas é o 3 de Febreiro. A festa consiste en ir escoitar a misa e acudir á procesión en  honra deste santo. Logo cómese o pulpo na praza da igrexa escoitando a charanga.



Este ano celebraremos tamén o San Xoán o día 24 de xuño, no que haberá as típicas fogueiras e unha sardiñada para todo o pobo, organizada pola Comisión de Festas do San Pedro.

O día de San Pedro é o día 29 de Xuño. É a principal festa xa que San Pedro é o patrón deste pobo como o seu nome indica "San Pedro de Moreiras". As festas adoitan durar varios días nos que se leva a cabo animación para nenos ( numeros de maxia, festa de escuma...), actuacións de orquestras, bandas de música...
Cartel das festas do 2011:



 

Agrupación Cultural Breogán

Rondalla creada arredor do ano 1985. Participaban nela uns 60 rapaces e rapazas do pobo que tocaban a bandurria o laúd e a guitarra e incluso o acordeón, ademáis do grupo de voces. Na actualidade ésta rondalla segue traballando ainda que reduciuse co paso do tempo o número de instrumentos, sendo máis coral.




A Igrexa


A Igrexa de San Pedro de Moreiras é unha das maiores igrexas da provincia de Ourense.
A súa fachada é de estilo barroco rematada en dúas torres desiguais. Ten pranta de cruz con sacristía ó norte da capela maior.  Sobre a porta principal está gravada na pedra a data en que se rematou a construcción desta igrexa: Ano 1724