viernes, 10 de junio de 2011

Coñecendo Moreiras

Para coñecer un exemplo de convivencia e armonía, só fai falla acercarse a iste pequeno lugar, que é moito maís que unha entidade parroquial, seguramente un dos últimos exemplos na actualidade de aldeia nas proximidades da terceira cidade Galega en número de habitantes, Ourense.

Porén, este pobo conecta, o pasado tan remoto dos nosos avós e ancestros, co futuro mais moderno e tecnocrático, onde misturase o mundo do rural profundo galego, hortas, animaís, a nosa fala galega ou mesmo as grandes noites de ceo estrelado, onde todavía, no siglo XXI, e a poucos minutos dunha gran cidade do noso país, poderemos disfrutar dunha aura de Natureza, Romanticismo e mesmo un soño bucólico do cal as nosas "xentes" non queren inda espertar.
O punto moderno, o poñen as modernas instalación, que despoís do ano 1978, comezaron a sembrarse por medio dun concello democrático, o cal pertencemos, Toén, o cal xunto coa deputación provincial, fixo maís próximo Moreiras da capital provincial, ou dos servicios básicos de calquera poboación como a nosa; Sanidade, Educación e ócio.
En canto a demografía Moreiras conta cunha poboación de maís de 1000 habitantes, inda que cun censo sensiblemente menor, a proximidade, xerou de maneira sensible un movemento de retorno da cidade, de moitos paisanos que no pasado decidiron vivir na capital, por tanto a nosa  poboación ten a cualidade, nos tempos que corren para o mundo rural, de mantemento ou sensible aumento de número de habitantes.
Finalmente destacar, que no entorno parroquial do noso pobo encóntranse outras dúas pequenas entidades de poboación; As Airas, e A conchada, onde se encontra situado un dos grandes centros Psiquiatricos de Galicia, nun lugar aislado e apropiado para a cura ou axuda dos seus enfermos.

Ista é unha pequena carta de presentación, comezamos entón o noso camiño por Moreiras? 
Adiante :)